Collected

1.555€

To benefit

Copy code
Code copied
Donate

🔋 Renovemos a enerxía da residencia Amaia Maria! 🔋

O sistema eléctrico de Malawi deixa sen luz a residencia Amaia Maria. As baterías que instalamos hai 6 anos esgotáronse. Axúdanos a renovalas!

Collected

1.555€

Goal

3.000€

Donations

12

Left

80 days

52%
Donate
Your contribution has tax benefits of up to 80%

Category

Educación Ayuda humanitaria Jóvenes

Share this event

Copy code
Code copied

Published: 7 Aug 2025

Na residencia de mozas de estudantes Amaia Maria, situada na Área 49 de Lilongwe (Malawi), a enerxía é vida. É a luz para que as mozas poidan estudar polas noites, a posibilidade de conservar os alimentos e, sobre todo, a seguridade cando toda a cidade queda ás escuras.

Hoxe, esa fonte de enerxía está a piques de esgotarse.

O sistema eléctrico en Malawi é extremadamente precario, con cortes de subministración diarios e impredicibles. Para combater isto, hai máis de seis anos instalamos uns sistemas solares fotovoltaicos que lles permitiu ter unha mínima autonomía e normalidade. Na nosa última visita en abril do 2025, quedamos abraiados ao comprobar que, a pesar das durísimas condicións, moitas das baterías aínda seguían dando servizo aos sistemas.

Foi un testemuño incrible da súa calidade e do coidado recibido, pero a súa vida útil rematou. O seu rendemento actual xa é mínimo, deixando a residencia sen electricidade fiable durante os longos e frecuentes cortes.

O noso obxectivo é sinxelo e urxente: substituír as baterías esgotadas por unhas novas e máis duradeiras. Con esta renovación, garantiremos que as nenas e o persoal da residencia Amaia Maria volvan ter electricidade durante os continuos cortes na subministración. 

Cada doazón, por pequena que sexa, é unha faísca de enerxía que nos achega ao obxectivo. Coa túa axuda, podemos manter a luz acesa na residencia Amaia Maria.

Moitísimas grazas polo teu gran de area!

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.

Donators (12)

Anonymous

150€

11 days ago

Anonymous

250€

15 days ago

Áurea

150€

17 days ago

Anonymous

Hidden donation

98 days ago

Anonymous

100€

121 days ago

M Teresa

100€

122 days ago

Anonymous

150€

123 days ago

José Daniel Pereiro López

100€

123 days ago

Ricardo

160€

152 days ago

Beatriz

10€

153 days ago

Anonymous

Hidden donation

155 days ago

Anonymous

50€

155 days ago

See more donators

Comments (3)

Ricardo

152 days ago

I Paella Pangona